sábado, 17 de mayo de 2008

Verín CF - Rápido de Bahía: 2-3


Toca remontar.

Fronte a todo un subcampeón de Pontevedra(empatado co Pontevedra). Os nosos rapaces(con varios infantís de primeiro ano e algún alevín) foron que de adiantarse no primeiro tempo gracias a un erro do porteiro visitante nunha falta botada dende 25 metros que non foi quen de despexar e foi remachada na liña de gol por un dos nosos centrais. Eles tiveron máis ocasión pero unhas veces o pao e outras o noso porteiro, que estivo xenial, non puideron marcar. Aínda antes de rematar o primeiro tempo puidemos marcar o segundo nunha xogada perfecta que a dous metros de gol non "quixemos" marcar.

No segundo tempo eles seguiron pelexando e o noso porteiro parando ata que lograron o empate nunha xogada que protestou moito o noso equipo por un posible empurrón do dianteiro ao noso central. Logo nunha contra, cando xa o poderío físico visitante comezaba a notarse máis conseguiron o 2-1. Todo semellaba quedar así pero no derradeiro minuto unha mala saída do porteiro visitante(que entrara minutos antes no campo) foi aproveitada polo noso número 10 para marcar de perfecta vaselina. Foi quizáis a emoción pero 30 segundos despois un pequeno erro defensivo supuxo o 2-3 definitivo.

Faltounos algo de corpo(eles tiñan algúns que case semellaban cadetes de segundo ano) pero de calidade a cousa está igualada. Toca remontar alí.

Horarios da Fin de Semana:

Terceira División(X 38): Verín CF - Negreira(José Arjiz - Dom.18 18:00hs.)
Cadetes(copa): Descansan. Clasificados para a seguinte fase.
Infantís(Ascenso Liga Galega): Verín CF - Rápido Bahía: 2-3
Alevíns(copa): Descansan. Lideran o seu grupo faltando 3 xornadas.