viernes, 16 de mayo de 2008

Verín CF - Negreira(e Verín CF - Rápido Bahía)

Fin de festa.

Non está nada mal. Rematar a tempada con tranquilidade na casa e cos infantís xogando a fase de ascenso á Liga Galega. En primeiro lugar, nada en xogo para os da Terceira,... agás rematar ben a tempada. Semellaba a priori un encontro complicado pero a xornada 37 aclarou descensos e posible arrastre, e a derradeira xornada fronte ao Negreira non pasará de encontro de trámite.

O encontro será o domingo 18, ás 18:00 horas no José Arjiz. Será probablemente un encontro para os máis novos do plantel de cara á próxima tempada. Será tamén un bó momento para que se comecen a clarexar as cousas para a tempada 2008-2009.

Pero o plato forte será o sábado 17, ás 18:00 horas no José Arjiz, o encontro de Fase de Ascenso á Liga Galega de Infantís fronte ao Rápido de Bahía. O equipo de Iván Teixeira(central do 1º equipo) ten un encontro moi duro fronte ao equipo pontevedrés. Os infantís remataron sétimos na liga regular na que comezaron un pouco dubitativos pero fixeron unha bóa segunda volta rematando na sétima praza e ocupando un dos postos de ascenso xa que varios dos equipo que quedaron por enriba non podían xogar por ser filiais.

Polo tanto gran premio para un equipo con varios xogadores de 1º ano e para Iván, que non tivo moitos minutos no primeiro equipo este ano pero demostrou a súa valía como adestrador.

Horarios da Fin de Semana:
Terceira División(X 38): Verín CF - Negreira(José Arjiz - Dom.18 18:00hs.)
Cadetes(copa): Descansan. Clasificados para a seguinte fase.
Infantís(Ascenso Liga Galega): Verín CF - Rápido Bahía(José Arjiz - Sáb.17 18:00hs.)
Alevíns(copa): Descansan. Lideran o seu grupo faltando 3 xornadas.