domingo, 18 de mayo de 2008

Verín CF-Negreira: 1-1

Fin de festa(gracias a X. Ramón pola foto do once inicial).

O de menos o encontro. O de menos porque non había tensión por ningún dos dous equipos así que non foi gran cousa. O encontro comezou con un minuto de silencio. O feito máis relevante foi a despedida oficiosa(porque supoño que a oficial será xa no inicio da próxima tempada) do capitán do equipo: DIEGO SOTO. Podería seguir por forma física, por carácter, por liderar ao equipo,..., por moitas cousas. Como non pretendo que ninguén se ofenda, direi que ten sido un dos xogadores máis importantes da historia do clube, por non dicir o máis importante. Oito tempadas seguidas nun equipo con 37 anos de historia. Sen un só conflicto, sempre seriedade, sempre cumprindo de forma notable: un exemplo. Seis tempadas en Terceira, 1 fase de ascenso á Segunda B, 1 Copa Deputación, unha final de Copa, un ascenso á Terceira,... Nada máis, nada menos.

Xogaron polo Verín CF: Macía, DIEGO SOTO(Dani), Iván, Nacho, Nuno, Iago, Fran(Barreal), Ivo, Hugo(Fran II), Oli, Boris.

Primeiro tempo bastante frouxa sen moitas ocasións. O Verín controlaba o encontro sen moitos alardes fronte a un Negreira que non fixo moito esforzo. Moitas imprecisións. No segundo tempo Ivo e Oli polas bandas animaron bastante o encontro. Con Boris e Barreal no medio campo moito máis xogo e nunha das contras o balón chegou a Ivo que cruzou perfectamente ante a saída do porteiro visitante(Ivo remata a tempada a un nivel espectacular. O próximo ano promete).

Sen embargo un erro en defensa provocou o empate do Negreira. De aí ao final, unha ocasión clarísima para cada equipo. A do Negreira deu lugar a un novo paradón de Macía. A do Verín, nun perfecto centro de Dani que Oli rematou ao pao dereito do Negreira. Non houbo tempo para máis. A análise do que foi a tempada, ao longo desta semana. Continúa a tempada para as categorías inferiores.

Felicitar por último, ao Monterrei, que ven de conseguir o ascenso á Primeira Rexional como campeón da Segunda, logo de derrotar ao Vilar de Barrio por 2-0. Dunha bóa-leal colaboración Verín-Monterrei poderían saír grandes cousas para os dous equipos.

Gracias DIEGO SOTO e agardemos que cambies de idea.