lunes, 31 de marzo de 2008

CCD Cerceda 3 - Verín CF 1

(pinchar nas fotos para amplialas)
Derrota previsible.

E iso que o partido se iniciou con gol a favor do Verín aos 2 minutos nunha internada de Ivo que rematou en penalti que transformou Pablo Barreal.

Xogaron polo Verín CF: Macía, Dani(Hugo), Nacho, De Dios, Mario, Iago, D. Soto(Boris), Nuno, Ivo(Fran), Barreal e Oli.

Un rival con xogadores de segunda B como Xaco(ex Pontevedra) tampouco fixo grandes cousas agás nos derradeiros 15 minutos xogando á contra, nos que puido marcar un par de goles máis. As xogadas clave foron, logo do empate do Cerceda, unha falta innecesaria de Currás a 5 minutos do descanso que xunto co posterior despiste de marca no remate de cabeza(o xogador rematou só con dous compañeiros máis) rematou no 2-1.

No segundo tempo, a entrada de Boris supuxo un maior control do balón pero unha contra levada por Xaco rematouna de cabeza Bautista e o paradón de Macía pillou a todos despistados agás Felipe que remachou o 3-1. O Verín tentouno todavía vinte minutos máis cun par de ocasións e un penalti clarísimo por máns na área do Cerceda que pillou ao colexiado e auxiliar(malos, malos) mirando para Sogama. Pero nos derradeiros 10 minutos as ocasións foron novamente para o Cerceda.

Destacar por último a estrea do xuvenil Fran que deixou moi bós detalles nos 20 minutos que xogou, con moita movilidade e encarando aos defensas do Cerceda.

O Domingo, o Lemos. Gañar polo civil ou polo criminal.

  • Categorías inferiores (29-30 de marzo):
Xuvenís: Chantada - Verín CF 1-0
Cadetes(copa): Verín CF - Santa Teresita 5-1
Infantís: Verín CF - Arranxar 8-1
Alevíns:CD Ourense - Verín CF 7-1

E sorpresas da vida, o noso equipo infantil, que loitou por afastar o descenso, e debido a unha xeira de bós resultados e a que a 1ª infantil está pragada de filiais con equipos na liga galega xogará a fase de ascenso á LIGA GALEGA. ¡Norabóa para o equipo que adestra Iván e a esperar os rivais para o ascenso!

Progresivamente, ao longo dos próximos días serán actualizados os distintos apartados da web(a próxima tempada melloraremos...).