jueves, 27 de marzo de 2008

CCD Cerceda - Verín CF

Domingo 30 de marzo, ás 17 hs. no campo de O Roxo , fronte ao quinto clasificado.

O Cerceda leva unhas xornadas un pouco irregulares con catro derrotas seguidas fronte a equipos da zona baixa como Céltiga e Betanzos. Sen embargo é o único equipo que semella con posibilidades reais de entrar na promoción. Se perda xa pode probablemente despedirse da promoción xa que o Coruxo xoga na casa fronte a un Ourense B xa case equipo de preferente.
A derradeira xornada rompeu a xeira de malos resultados vencendo fronte ao Santa Comba por 1-2. Na primeira volta o resultado foi de 1-1 e non sería mala cousa repetilo. Gañar suporía, cos enfrontamentos directos que hai na parte baixa da táboa, case que asegurar a permanencia.

A peor nova da semana é a baixa por lesión de Bóveda, que ten para aproximandamente mes e algo, polo que podería non xogar deica a vindeira tempada. A súa baixa é agora moi importante, porque se tiña consolidado como unha moi bóa parella de centrais con De Dios. As alternativas para o adestrador agora son: confiar na recuperación de Nacho logo de varios meses lesionado, ou dar a posibilidade de entrar no once a Iván que leva "sorprendentemente" inédito esta tempada. Outra opción sería reconvertir a xogadores como D. Soto ou Xurxo ao posto de central dando entra a Dani no lateral. Xa veremos...

Destacar por último como moi bóa nova a convocatoria de xogadores xuvenís co primeiro equipo(o seu dianteiro centro en concreto) logo de asegurar o ascenso de categoría e cando quedan un par de xornadas intrascendentes na Segunda Xuvenil. Unha vez teñamos asegurada a permanencia este é o camiño a seguir nas derradeiras xornadas para dar minutos a rapaces que TEÑEN que subir ao primeiro equipo.

  • Categorías inferiores (29-30 de marzo):

Xuvenís: Chantada - Verín CF (Sábado 16:15 hs)
Cadetes(copa): Verín CF - Santa Teresita (Sábado 11 hs. Anexo Arjiz)
Infantís: Verín CF - Arranxar (Domingo 11:30 hs. Anexo Arjiz)
Alevíns:CD Ourense - Verín CF (Sábado 16:30 hs. Oira)