¡¡42 PUNTOS!!
¿Suficientes para evitar o descenso? A falta de 18 puntos por xogar e con nove de vantaxe sobre o Pontevedra B, próximo rival do Verín e primeiro arrastre á Preferente, pode haber moitas opinións pero semella moi sinxelo xa.
O encontro comezou cunha homenaxe ás categorías inferiores do clube que están a facer unha gran tempada(por certo, é preciso retirar ou asegurar os asentos das gradas porque un dos rapaces estivo a punto de partir a cabeza ao esbarar nun asento). A homenaxe podería continuar coa convocatoria dos xuvenís con máis proxección co primeiro equipo para que vaian tomando contacto coa Terceira. Xa temos que formar ao equipo da 2008/09, agora sí...
O encontro co Lemos... Moitos nervios, varios sustos cos dianteiros rivais que mostraron cos seus erros o motivo da súa condición de pechacancelas. Xogaron polo Verín: Macía, Dani, Currás, De Dios, Mario, Ivo(Carlinhos), Nuno(Hugo), Diego Soto(Boris), Barreal, Oliveira.
Os goles chegaron no segundo tempo, logo dun primeiro tempo de claro dominio local, no que o colexiado e o linier se comeron un penalti clarísimo. Destacou neste primeiro tempo a lesión de Ivo, que semella ter un pinzamento no nervio ciático. O primeiro gol chegou nun gran centro dente a dereita de Oliveira(estivo moi ben novamente), Carlinhos rematou dende o segundo pao por enriba do porteiro do Lemos e rematou co peito Barreal.
Logo de varias ocasión dos locais o Lemos tivo dúas ocasión para dar un susto á parroquia local. Non conseguiu o empate e Oliveira aproveitou un erro do meta local para marcar a pracer.
¿E agora que? Pois lonxe de triunfalismos, é hora de comezar a planificación dunha nova tempada na Terceira. É hora de dar minutos aos xogadores que teñen que continuar a próxima tempada(moitos do actual plantel sen dúbida), é hora tamén de decidir que xuvenís teñen que contar tamén para subir ao primeiro equipo(2 ou 3 como mínimo),... E SUMAR 18 PUNTOS MÁIS, por suposto.

- Categorías inferiores (5-6 abril):
Cadetes(copa): Santa Teresita 2 - Verín CF 2
Infantís:
Alevíns(copa): Verín CF 7 - CD Ourense "c" 3
E sorpresas da vida, o noso equipo infantil, que loitou por afastar o descenso, e debido a unha xeira de bós resultados e a que a 1ª infantil está pragada de filiais con equipos na liga galega. ¡Norabóa para o equipo que adestra Iván e a esperar os rivais para o ascenso!
Progresivamente, ao longo dos próximos días serán actualizados os distintos apartados da web(a próxima tempada melloraremos...).