domingo, 17 de febrero de 2008

Verín CF 0 - 0 Montañeros


Mal resultado.

Escaparon dous puntos do José Arjiz. E escaparon porque a pesares de ter ocasións clarísimas e de que o rival só tirou a porta dúas veces no treito final da contenda, só sumamos un puntiño.

Xogaron polo Verín: Piollo, Dani, De Dios, Bóveda, Xurxo, Mario, Fran(Boris), Iago(Diego Soto), Nuno(Ivo), Barreal, Oliveira.

Unha primeira parte sen demasiadas ocasións de gol pero con bastante perigo do Verín a balón parado. Fundamentalmente unha dobre ocasión a un metro da liña de gol que Mario non puido meter. Mal pintaba o tema se nin así...

O equipo saiu a por todas na segunda parte e tivo 25 ou 30 minutos moi bós nos que tivo outra ocasión a dous metros da liña de gol que por partida dobre non fomos quen de marcar. Un par de tiros de Oli á media volta non remataron en gol. Un lanzamento dende 20 metros forzou unha estirada espectacular do porteiro do Montañeros. Pero nada.

Os 15 derradeiros minutos non foron de bó xogo e o equipo atascouse en balóns longos que provocaron contras dun equipo roval que rematou bastante organizado .

O mellor: o lateral dereito do Verín, Dani, xogador procedente dos xuvenís. Estivo perfecto. É o lateral titular sen discusión algunha. Moi ben en defensa e con incorporacións en ataque de moita velocidade e calidade.

O peor: A 4 puntos do primeiro arrastre, e coa victoria do Céltiga a 6 puntos do descenso. O encontro fronte ao Céltiga da próxima semana semella e será vital. Así que xa saben...




Categorías inferiores 16-17 de febreiro
O Verín - Celanova suspendeuse pola incomparecencia do rival. eQueda por saber se o erro é imputable ao clube do Celanova ou á Federación que non avisou do troco do horario.
Os encontros desta fin de semana foron os seguintes:
Xuvenís:
Verín CF - Ponte Ou B ...... 2-2
Cadetes: Verín CF - Celanova .......... suspendido
Infantís: Verín CF - Velle ................
Alevíns: Calasancio - Verín CF......... suspendido