Os xuvenís perderon dous puntos no seu ense nfrontamento co Ponte Ourense logo de adiantarse con dous goles nos 15 primeiros minutos. Seguen terceiros loitando co Barbadás e Maceda pola Segunda posición. Podería ter alcanzado a segunda posición pero nada está excesivamente difícil polo de agora.
Os cadetes viron como o seu partido co Celanova se aprazaba por un erro na notificación do horario do partido ao Celanova por parte da Federación. Asegurado o ascenso para os dous equipos, só terán que decidir cal dos dous equipos será o campión esta tempada. A Copa semella un éxito posible para este equipo que ten demostrado unha categoría superior á da Segunda.
Os partidos de infantís e alevíns foron aprazados.
¡Última hora! Vaia por diante unha cousa: Non é a primeira vez que recollo nesta "web" a calidade da páxina do Ponte Ourense. Pero... algo non me gustou hoxe e quero recollelo tamén. O partido aprazado dos infantís semella deberse á "imposibilidade" do colexio de árbitros federación para "atopar" colexiado que se desprazase a Verín. Algo que segundo a web capitalina " puede ocurrir con más facilidad debido a la distancia en la que se encuentra Verín". enlace
Varias cousas:
1.- Nós pagamos eses árbitros moito máis caros aínda que semella que non lles compensa vir a Verín(pero ben que cobran...).
2.-Nós facemos esa longa distancia en moitas ocasións(cada equipo, cada quince días).
3.- As axudas públicas non teñen en conta moitas veces os quilómetros e sí o número de nenos que teñen os clubes, favorecendo así ás poblacións grandes e aos seus equipos que ademáis se desprazan moitos menos quilómetros(hai varios equipos na cidade).
É posible que a web non quixera insinuar nada molesto para nós, pero se ese é o motivo do colexio de árbitros é posible que moitos en Verín pensen que ao mellor aos colexiados tampouco lles compensa viaxar en Terceira división e non interesa que o noso clube manteña a categoría... Pero iso seguro que só o pensa algún malpensado estas derradeiras xornadas tan "importantes" para manterse...
¡En ocasións aínda poden escoitarse cousas que meten medo! ¡Quererán que xoguemos cos de Zamora ou Oporto!
Os encontros desta fin de semana serán os seguintes:
Xuvenís: Velle B - Verín CF ........................ Campo do Velle -- Sábado 16:30 hs.
Cadetes: Verín CF - Sta. Teresita............... Anexo Arjiz -- Sábado 11:00 hs.
Infantís: Verín CF - Ponte Ourense B....... APRAZADO
Alevíns: Verín CF - Arenteiro..................... A Granxa -- Sábado 11:00 hs.
Os encontros desta fin de semana serán os seguintes:
Xuvenís: Velle B - Verín CF ........................ Campo do Velle -- Sábado 16:30 hs.
Cadetes: Verín CF - Sta. Teresita............... Anexo Arjiz -- Sábado 11:00 hs.
Infantís: Verín CF - Ponte Ourense B....... APRAZADO
Alevíns: Verín CF - Arenteiro..................... A Granxa -- Sábado 11:00 hs.