sábado, 23 de febrero de 2008

Céltiga - Verín CF

Gañar ou gañar. Mañá domingo 24 de febreiro, ás 16:45 hs. na Illa de Arosa.

O equipo viaxa á illa de Arosa para enfrontarse ao Céltiga, terceiro pola cola. Logo da volta de Diego Soto a semana pasada, pouco a pouco o equipo vai recuperando efectivos de cara ao fin da tempada. O rival leva 6 puntos nas derradeiras sete xornadas, con tres empates e unha victoria. Na sétima xornada o Verín gaños 4-1, pero foi unha das poucas ocasións nas que estivemos acertados de cara ao gol.

Obrigatorio gañar. Ademais os equipos da parte baixa da táboa teñen enfrontamentos a priori moi complicados fronte aos equipos que lideran a clasificación:
  • Betanzos - Lalín
  • Negreira - Narón
  • Coruxo - Portonovo
  • Ciudad Santiago - Pontevedra B
Gañar mañá pode significar máis de tres puntos así que... ¡Hala Verín!

Categorías inferiores 23-24 de febreiro
Os encontros desta fin de semana serán os seguintes:
Xuvenís:
Velle B - Verín CF ........................ Campo do Velle -- Sábado 16:30 hs.
Cadetes: Verín CF - Sta. Teresita............... Anexo Arjiz -- Sábado 11:00 hs.
Infantís: Verín CF - Ponte Ourense B....... APRAZADO
Alevíns: Verín CF - Arenteiro..................... A Granxa -- Sábado 11:00 hs.