lunes, 25 de febrero de 2008

Céltiga 0 - Verín CF 1



Victoria vital no campo do Céltiga.

O gol de Fran supón moito máis que os tres puntos. Pón o descenso a 9 puntos(10 se contamos o "gol average" particular co Céltiga). O pinchazo do Betanzos deixa o primeiro arrastre a 7 puntos de distancia. O próximo rival, o Villalonga, ven de empatar co Santa Comba. Coincidencias ou non, a volta de Diego Soto ao equipo titular dalle moita estabilidade ao bloque, e dalle experiencia para encontros nos que os bombardeos no segundo tempo pasan de cen. O que importa é puntuar. E xogar ben, pero mellor cando cheguemos aos 44 puntos.

Categorías inferiores 23-24 de febreiro
Os encontros desta fin de semana foron os seguintes:
Xuvenís:
Velle B - Verín CF ........................ 1-6
Cadetes: Verín CF - Sta. Teresita............... 6-1
Infantís: Verín CF - Ponte Ourense B....... APRAZADO
Alevíns: Verín CF - Arenteiro..................... 2-6