jueves, 14 de febrero de 2008

Verín CF - Montañeros

Domingo 17, ás 17:00 horas no José Arjiz.
Medio día de clube para empezar "ben". Iso quere dicir que os socios pagarán 5 euros para poder ver o partido. Non o considero moi axeitado, pero é a directiva a que decide, polo que... Non o considero moi axeitado porque o que se gaña en rifas probablemente perderase no xamón e no cabreo que collerá máis de un socio(algún con motivo e outros non tanto). Pero aí queda...

Categorías inferiores 16-17 de febreiro
O Verín - Celanova suspendeuse pola incomparecencia do rival. eQueda por saber se o erro é imputable ao clube do Celanova ou á Federación que non avisou do troco do horario. Tamén cabe a posibilidade de que o rival trate de meter presión aos nosos na próxima xornada e ver se pinchan e chegar ao aprazado co campionato decidido. Partiremos da bóa do rival.... Os infantis xogan o domingo(partido clave fronte ao colista para asegurar a permanencia) xogarase esta fin de semana do 16, 17 de febreiro. Os xuvenís recuperarán o seu partido aprazado polo entroido a fin de semana do 5-6 de abril.
Os encontros desta fin de semana foron os seguintes:
Xuvenís:
Verín CF - Ponte Ou B ...... Campo anexo do Arjiz sábado 16:30
Cadetes: Verín CF - Celanova .......... Campo anexo do Arjiz sábado 11:30
Infantís: Verín CF - Velle ................ A Granxa domingo 11:00
Alevíns: Calasancio - Verín CF......... Monforte sábado 12:00