lunes, 11 de febrero de 2008

Alondras CF 3 - Verín CF 0

A 5 puntos do primeiro arrastre á Preferente continuamos.

4 puntos de 21 posibles nas derradeiras 7 xornadas. Estes malos resultados coinciden coa baixa de Diego Soto que semella pesar demasiado nun bloque xusto de efectivos. Debutou a nova fichaxe lusa, Pedro.
Outra cousa que pesa e moito é encaixar un gol primeiro. Este equipo rematou 11 dos 24 encontros sen marcar un tanto e as posibilidades de remontar un gol así complícansde demasiado.

E o próximo domingo chega o Montañeros, a piques de quedar descolgado da loita polo ascenso(a nove puntos do cuarto) e cun equipo feito para estar máis arriba.

As crónicas da prensa local falan de 45 minutos bós, de erros e mala sorte, pero só 45 minutos xa non chegan para nada e xa son demasiadas veces.








Categorías inferiores 9-10 de febreiro
A xornada aprazada polo entroido dos equipos cadete(o Verín- Celanova que decidirá o campión da Segunda) e infantil xogarase a vindeira fin de semana do 16, 17 de febreiro. Os xuvenís recuperarán o seu partido aprazado polo entroido a fin de semana do 5-6 de abril.
Os encontros desta fin de semana foron os seguintes:
Xuvenís:
Bande - Verín CF 3-4
Cadetes: Velle - Verín CF 1-4
Infantís: Santa Teresita - Verín CF 3-7
Alevíns: Verín CF - Pabellón Pr. 1-6