viernes, 8 de febrero de 2008

Alondras C.F. - Verín C.F.


Outra saída de órdago.

Fronte ao 6º clasificado con corenta puntos. O domingo día 10 ás 17:00 hs. no Campo de O Morrazo(web do Alondras)

Na primeira volta empatamos a un gol fronte a un auténtico equipazo. Agora, a 8 puntos do descenso e a 7 do primeiro arrastre(que pode existir), puntuar no campo do Morrazo semella importantísimo.

Con un xogador de categoría moi superior á Terceira, Santi Domnguez, foi un dos equipos que deixou unha mellor impresión no José Arjiz. A lesión deste último semellaba mermar o poder do equipo pero levan "pinta" de equipo de promoción. Nos derradeiros catro partidos, dúas victorias e dúas derrotas, unha na casa fronte ao Betanzos. ¡Hai que saír a por todo!

Un Verín coa resaca do Entroido demasiado próxima e con baixas de importancia(Mario sancionado, Macía e Currás lesionados), está obrigado a puntuar nos próximos partidos fronte aos equipos da parte alta da táboa se non quere entrar de cheo na loita por non descender. Podería debutar Pedro, nova fichaxe do mercado luso.

Categorías inferiores 9-10 de febreiro
A xornada aprazada polo entroido dos equipos cadete(o Verín- Celanova que decidirá o campión da Segunda) e infantil xogarase a vindeira fin de semana do 16, 17 de febreiro. Os xuvenís recuperarán o seu partido aprazado polo entroido a fin de semana do 5-6 de abril.
Os encontros desta fin de semana son os seguintes:
Xuvenís:
Bande - Verín CF 3-4
Cadetes: Velle - Verín CF 1-4
Infantís: Santa Teresita - Verín CF 3-7
Alevíns: Verín CF - Pabellón Pr. 1-6

Comezan a perfilarse as eliminatorias da Copa Deputación 2008. Os infantís están encadrados no grupo A que comezará os seus partidos no mes de abril. Os dous primeiros clasificados de cada un dos 2 grupos que hai, xogarán as semifinais
logo dunha liguiña a partido único:

GRUPO A
Ponte B
Verín CF
Allariz
Antela
Pabellón Promesas
Clasificado das eliminatorias da 2ª categoría infantil.