jueves, 24 de enero de 2008

Categorías inferiores

¡Última hora! Tal e como ven de informar a páxina web do Ponteourense, a fin de semana de Entroido non haberá partidos das categorías inferiores de ligas provinciais para que todos os rapaces do fútbol base disfruten do Entroido enlace a www.ponteourense.com

Xuvenís:
Verín CF 2-1 Rúa

Importantísima victoria dos xuvenís fronte ao líder ata entonces invicto da categoría. Con esta victoria consolídanse na súa persecución do ascenso. O equipo de Mario, pendente o encontro aplazado fronte ao Maceda, leva 6 victorias consecutivas.
Este equipo é o segundo máximo goleador da categoría, quizáis algún dos dianteiros podería botar unha mán no primeiro equipo. Esta fin de semana visitan ao oitavo clasificado, o Cortegada, equipo ao que venceron 3-0 na primeira volta.

Cadetes: Verín CF 1-2 Pabellón Pr

Inesperada derrota dos líderes na casa fronte ao terceiro clasificado. Con só catro xornadas para finalizar a tempada, semella que os cadetes se xogaran o campionato fronte ao Celanova a fin de semana do entroido na casa.
Esta fin de semana partido que debería ser de trámite fronte ao pechacancelas, Palmes, que non ten sumado un só punto en toda a tempada e leva case un cento de goles en contra.

Infantís: Verín CF descansou.

Os infantís están a tres puntos da salvación e precisan sumar puntos para conquerir o obxectivo da salvación. O Calasancio B, quinto clasificado será o rival desta fin de semana.

Alevíns: Ourense B 2-4 Verín CF

Os máis pequenos non defraudan. Venceron contundentemente ao derradeiro clasificado e con 11 puntos atópanse a só tres puntos do cuarto clasificado. Ver para crer.
Incríble o traballo que está facendo este equipo
na sua meirande maioría de primeiro ano. O encontro fronte ao Líder, Ponte Ourense, desta fin de semana non semella unha opción de puntuar sinxela pero xa nada se pode dicir con este equipo.

Categorías inferiores 26-27 de xaneiro

Xuvenís: Cortegada - Verín CF
Cadetes: Palmes - Verín CF
Infantís: Calasancio B - Verín CF
Alevíns: Verín CF - Ponte Ourense