domingo, 20 de enero de 2008

Verín CF 1 - 1 Ordes

Escapáronse dous puntos.

Pouco fixo o noso rival e foi só a nosa falta de gol a que impediu conquerir os tres puntos.

Xogaron polo Verín CF: Macía, Xurxo, De Dios, Bóveda, Dani, Fran Álvarez, Iago, Carlinhos(Boris), Hugo, Barreal, Oliveira.

A primeira parte estivo marcada polo dominio do Verín, con ocasións para ter inaugurado o marcador. Sen embargo foi o equipo visitante o que na súa única ocasión levou o primeiro gol ao marcador. Foi á saída dun córner no que marcou Toja.

No segundo tempo, o dominio continuou sendo do equipo local pero non acadou o empate ata o minuto 70, cando Oliveira se colou entre a liña defensiva do Ordes e marcou de tiro raso. Deica o final, varias ocasións para o Verín que viu como escapaban dous puntos do seu campo.

O mellor: Romper, a pesares das baixas, a xeira de tres derrotas que acumulaba o equipo.
O peor: A falta de puntería que nos complica a existencia xornada tras xornada.

Agora, dous partidos para conquerir 6 puntos. Os tres primeiros porque no derbi hai que gañar sí ou sí. Os tres do sábado de entroido(sábado será se o rival acepta), porque é o Cidade de Santiago e chegará lider como na 1ª volta e...

Categorías inferiores 19-20 de xaneiro

Xuvenís: Verín CF - Rúa 2-1
Cadetes: Verín CF - Pabellón Promesas 1-2
Infantís: Verín CF Descansa
Alevíns: Ourense B - Verín CF 2-4