sábado, 19 de enero de 2008

Verín CF - Ordes

Gañar ou gañar.

Primeiro partido da segunda volta no Arjiz. ¿Veremos ao equipo que gaña case sempre na casa? Máis nos vale. O que sí veremos é un equipo con moitas baixas. Ás xa coñecidas baixas federativas de Abel(xoga no Monterrei) e Paulo Alexandre, hai que sumar as dos lesionados da pasada semana, dúbidas ata última hora algún deles(Nuno, Diego Soto, Currás).
O domingo ás 16:30 hs no José Arjiz. O Ordes leva 30 puntos. É un equipo moi irregular, con grandes resultados na casa(22 puntos, 1 sóa derrota), pero que perde moito fóra da casa. Na primeira volta, meteunos un bó repaso, pero foi o peor partido do Verín xunto co do Narón de fai unhas semanas.

O calendario a partir de agora ponse complicado así que hai que amarrar todo o que se poida para evitar "nervos" de última hora. O problema é que os rivais dos primeiros dez partidos son fundamentalmente os da zona alta táboa, así que a sufrir.

Categorías inferiores 19-20 de xaneiro


Xuvenís: Verín CF - Rúa
Cadetes: Verín CF - Pabellón Promesas 1-2
Infantís: Verín CF Descansa
Alevíns: Ourense B - Verín CF (partido clave dos máis pequenos)