lunes, 14 de enero de 2008

Coruxo 2 - Verín CF 0


Outra derrota fóra da casa.

E van oito. A próxima semana ven o Ordes, rival fronte ao que se xogou o peor partido da 1ª volta. O partido de onte tivo dúas partes claramente direnciadas. No primeiro tempo xogou o Verín á contra con bastante control do partido creando un par de ocasión bastante claras(un remate de Hugo que atopou un dos postes da meta rival). O Coruxo semellaba non querer ou non poder levar o peso do encontro.

A segunda parte comezou coa lesión de Nuno, aos 10 minutos da reanudación. Na segunda metade o Coruxo gañou en intensidade e un rebote na área do Verín Cf rematou no primeiro gol de Coruxo(Abraham). No minuto 80 lesionouse Soto(semella repetir a lesión que o tivera afastado dos campos nos comezos da tempada) e feitos os tres cambios o Verín xogou deica o final con un xogador menos. Froito desta superioridade chegou o segundo gol do Coruxo cando xa remataba o encontro(Abraham).

Un partido máis sen puntuar e xa van tres. O descenso a nove puntos e coidado co Ourense da Segunda B que perde folgos e aínda pode porse moi fea a cousa. Precisamos 44 puntos(por dar unha cifra) e levamos 24. Os 20 restantes poden ser todos na casa pero non estaría de máis sacar algún puntiño lonxe do Arjiz. ¿Fichar? Se é bó, bonito(goleador), e moi barato, sí. Se non, este equipo non debería pasar "excesivos" problemas para manterse. Pero na casa 30 puntos de 30 posibles ou...

Categorías inferiores 12-13 de xaneiro

Xuvenís: Sta. Teresita - Verín CF 2 - 4
Cadetes: Verín CF - Ribeiro 8 - 0
Infantís: Verín CF - Pabellón B 0 - 10
Alevíns: Pabellón - Verín CF 10 - 0