sábado, 12 de enero de 2008

Coruxo FC - Verín CF

Mañá Domingo día 13, ás 17:00 hs no campo de o Vao, primeiro partido da segunda volta fronte a un dos claros candidatos a xogar a fase este ano(aproveito para recomendarvos unha visita á súa web, máis propia dun equipo de Segunda A: ENLACE Como mostra podedes ver a calidade da crónica e fotos que puxeron do partido da primeira volta).

A priori, partido moi complicado para o Verín, que fóra da casa non está ofrecendo moi bós resultados, a pesares de que na derradeira xornada en Negreira semella que non fixeron mal partido(claro está, o rival non era o Coruxo). Destaca no rival a presencia de xogadores de moitísimo nivel como Giovanella, e outros coñecidos por estes lares como o seu dianteiro Alex Fernández.

Na primeira volta foi un dos mellores equipos que pasou polo Arjiz e un dos poucos que puntuou(levou os tres puntos), e logo dunhas xornadas un pouco mediocres, agora vai lanzado cara a promoción de ascenso.

Categorías inferiores 12-13 de xaneiro

Xuvenís: Sta. Teresita - Verín CF 2 - 4
Cadetes: Verín CF - Ribeiro 8 - 0
Infantís: Verín CF - Pabellón B 0 - 10
Alevíns: Pabellón - Verín CF 10 - 0