Oli 2, mellor dito.
O 9 recuperou o acerto goleador na parte máis importante da tempada. Estes tres puntos son fundamentais polo que o de xogar mellor ou peor é o de menos.
Xogaron polo Verín Cf: Macía(Piollo), Xurxo, Bóveda, De Dios, Mario, Fran, Boris, Carlinhos(Ivo), Pablo Barreal, Hugo(Nuno) e Oli.
Mala primeira parte na que apenas tivo ocasións ningún equipo. Un partido bastante aburrido que só mellorou tras o descanso. No minuto 52, e logo dunha ocasión do filial ourensanista, Un rexeitamento do porteiro do Ourense B a disparo de Carlinhos foi parar aos pés de Oli que anotou o primeiro gol do Verín. A partires dese intre o filial, ao que non lle valía nada que non fora gañar foise cara arriba propiciando as contras do Verín.
O marcador non se movería ata que no minuto 88 unha perda de balón da defensa ourensanista foi aproveitada por Boris para montar a contra e deixarlle o segundo gol a Oli. Aínda podería ter marcado un terceiro gol pero o balón rematou no poste(Por certo, a "La Región" fáltalle un pouco de obxectividade nalgunhas ocasións. Só lle falta dicir que os nosos xogadores eran unha "banda". A crónica do partido é de coña...).
O mellor: O estado de forma e acerto de Oli e que dos once que remataron o partido, catro xogadores sexan da "casa".
O peor: A lesión do porteiro Macía a sete minutos do final do encontro.
28 puntos, aire para recibir ao líder e que Oli lle meta outro par de goles. Confirmado, será o próximo sábado de Entroido ás 17 horas no José Arjiz. Festa rachada e agardamos que haxa un ambiente tremendo.

Categorías inferiores 26-27 de xaneiro
Tal e como ven de informar a páxina web do Ponteourense, a fin de semana de Entroido non haberá partidos das categorías inferiores de ligas provinciais para que todos os rapaces do fútbol base disfruten do Entroido enlace a www.ponteourense.com
Os nosos terán que xogar os alevíns o partido aprazado fronte ao Ponte Ourense e os xuvenís está pendente de confirmar se xogan o aprazado fronte ao Maceda.
Xuvenís: Cortegada - Verín CF 1-2
Cadetes: Palmes - Verín CF 1-4
Infantís: Calasancio B - Verín CF 1-2
Alevíns: Verín CF - Ponte Ourense (aprazado para o próximo sábado ás 11:00 horas)