jueves, 20 de diciembre de 2007

Verín CF - Narón

Domingo 23 de decembro, ás 16:00 hs.

Derradeiro partido do ano 2.007. Visita o José Arjiz o segundo da liga. Un moi bó equipo que xira fundamentalmente en torno a Cuéllar e Juanito(ex Rácing de Ferrol, entre outros moitos). Entre os dous xogadores conqueriron 17 dos 35 goles do equipo.

Este equipo é xunto co Lalín e o Montañeros un dos tres equipos que mellor fútbol desenvolven na categoría. Esta é a súa web: enlace á web Un equipo con dez anos de historia pero cunha población apoiando cercana aos 36.000 habitantes(e Ferrol a uns metros), é un equipo creado para a Segunda B (mínimo).

30 puntos para rematar a primeira volta non estaría nada mal...

Categorías inferiores (22/23 dec)

Xuvenís:
Verín CF - Maceda
Logo da derrota fronte ao Arrabaldo a pesares de ter vencido por 6-1 fai un par de semanas, a derrota do Barbadás mantén a loita polo segundo posto. O Maceda é o novo rival(directo ao estar empatado a puntos cos nosos). Partido fundamental para clarexar a loita polo ascenso.

Por outra banda, o Sábado 29 de decembro O Verín F.C. trasládase a terras limias para disputar o Torneo da Compostela Cup 2008 de Fútbol 11 xuvenil fronte ao C.D. Allariz e ao Antela F.C. Os horarios están dispostos en formato de 3 x 1, entre as 15.30 e as 18 horas, no campo do Antela. ¡Cita ineludible! enlace web da Compostela Cup

Cadetes: Oira - Verín CF 0-3
Os cadetes veñen de recuperar o lidererato e enfróntanse ao Oira, que deu problemas na primeira volta, pero que agora semella sufrir unha caída libre. Bóa ocasión para consolidar o primeiro posto.

Infantís: Antela - Verín CF
Complicadísimo derbi dos infantís fronte ao segundo clasificado. Os nosos teñen que seguir sumando puntos porque os arrastres da liga galega poden traer malas novas ao fin da tempada.

Alevíns: Descansan deica o 12 de xaneiro