E os outros dez do Narón non eran mancos.
O mellor equipo que pasou este ano polo Arjiz. 90 minutos a todo ritmo e un xogador que ninguén vai descubrir agora. Meteu catro goles e puido meter 6. E o demais foi historia.
"Xogaron" polo Verín CF: Piollo, Mario(Oli), Bóveda, Paulo, De Dios, Boris(Fran), Iago, Nuno, Hugo(Carlinhos), Ivo, Barreal,
No minuto 15 xa ían tres no saco(un no primeiro minuto). Un penalti riguroso o segundo, por dicir algo que non sexa o baño que nos meteron hoxe. O terceiro foi un balón longo no que os centrais lle deron medio metro a Cuéllar, e marcou dende fóra do área por todo a escadra.
No segundo tempo caeron dous máis(un deles un empalme de volea de quen se non?) que puideron ser máis e a verbena foi terrorífica. Se a esto lle sumamos a lesión de Mario no primeiro tempo podemos dicir que foi unha tarde para esquecer. Por certo, o noso foi un bó gol de falta dende trinta metros, pero con cinco xa no saco como que non importa moito. Ademais foi a única vez que tiramos a porta no partido, así que se cadra o porteiro deles era malo, pero haberá que agardar á segunda volta para sabelo.
Unha curiosidade. O adestrador deles non cambiou a Cuéllar no segundo tempo. Creo que o fixo por respeto aos nosos xogadores, para que non visen como se puña en pé a bancada para ovacionalo. Algúns pensarán que é unha pena que un Primeira división estea polos campos da Terceira, eu prefiro pagar o carné para ver un espectáculo como o de hoxe. Xa se xogase no Verín sería a h...
¡¡¡Bó Nadal para todos e Feliz 2008!!!(a liga volta o domingo 6 de decembro)
Categorías inferiores (22/23 dec)
Xuvenís: Verín CF - Maceda APLAZADO
Por outra banda, o Sábado 29 de decembro O Verín F.C. trasládase a terras limiás para disputar o fronte ao C.D. Allariz e ao Antela F.C. Os horarios están dispostos en formato de 3 x 1, entre as 15.30 e as 18 horas, no campo do Antela. ¡Cita ineludible! enlace web da Compostela Cup
Cadetes: Oira - Verín CF
Infantís: Antela - Verín CF
Alevíns: Descansan deica o 12 de xaneiro