domingo, 30 de diciembre de 2007

¡Victoria na Compostela Cup!


Onte, Sábado 29 de decembro, os xuvenís do Verín F.C. trasladaronse ás terras limiás para xogar o Torneo da Compostela Cup 2008 de Fútbol 11 xuvenil fronte ao C.D. Allariz e ao Antela F.C. Os horarios estaban dispostos en formato de 3 x 1, entre as 15.30 e as 18 horas, no campo do Antela. enlace web da Compostela Cup

O Verín gañou na 1ª fase da Compostela Cup. Impúxose ao Antela por 2-1 e empatou co Allariz 1-1, ámbolos dous equipos da Primeira Provincial Xuvenil. No terceiro partido do triangular o Antela derrotou por 5-1 ao Allariz. O mérito dos nosos xuvenís é maior se cabe por ser o Allariz o terceiro da primeira categoría xuvenil.

Superada a fase local, o noso equipo terá que xogar agora a 2ª fase "comarcal"(non sei por que lle chaman así se na 1ª xa eran equipos de tres comarcas distintas...¿?). Está segunda fase terá lugar nunha data por concretar do 1 de marzo ao 30 de abril.

Por outra banda, o primeiro equipo xogou hoxe(12:00 hs) un amigable fronte ao Pabellón xuvenil de Liga Nacional, encontro que rematou con victoria por 1-3 para os nosos. Ao descanso chegaron con empate a un gol.