Segunda victoria da tempada lonxe do José Arjiz... ¡Aleluia! Estes son os recortes de prensa relacionados coa nova(premer na imaxe para aumentar o seu tamaño):
Nova victoria fóra da casa logo dun par de meses sen puntuar. Destacar o regreso de Pablo Barreal con dous tantos e a titularidade de Boris(este semella xa consolidado no once inicial) e Hugo que participou no primeiro gol e colle minutos segundo avanza a tempada.
24 puntos. E o vindeiro domingo chega o segundo clasificado, o Narón. Sumar tres puntos alonxaría de forma case definitiva as pantasmas do descenso. Polo momento o turrón semella asegurado para todos. ¡Calquera o diría nas catro primeiras xornadas de liga!
A 7 puntos do ascenso e a 10 do descenso, un par de bós resultados poden facer trocar de obxectivos moi rápidamente. Polo momento, a primeira volta rematará co Verín consolidado na zona morna da táboa e tampouco hai que perder a cabeza (¡nin a carteira!) no descanso do Nadal.
Os "40 e tantos" da salvación están máis cerca...
Partidos categorías inferiores(15/16 de decembro)¡Case pleno!24 puntos. E o vindeiro domingo chega o segundo clasificado, o Narón. Sumar tres puntos alonxaría de forma case definitiva as pantasmas do descenso. Polo momento o turrón semella asegurado para todos. ¡Calquera o diría nas catro primeiras xornadas de liga!
A 7 puntos do ascenso e a 10 do descenso, un par de bós resultados poden facer trocar de obxectivos moi rápidamente. Polo momento, a primeira volta rematará co Verín consolidado na zona morna da táboa e tampouco hai que perder a cabeza (¡nin a carteira!) no descanso do Nadal.
Os "40 e tantos" da salvación están máis cerca...
Xuvenís: Arrabaldo B - Verín CF 5-4
Cadetes: Verín CF - Maceda 2-0
Infantís: Arranxar - Verín CF 0-6
Alevíns: Verín CF - Barbadás 3-0
((actualizadas as SECCIÓNS das categorías inferiores))