miércoles, 12 de diciembre de 2007

Portonovo SD - Verín CF


Volta a competición na Terceira. Domingo 16, ás 16 hs. no campo de Baltar.

O noso equipo volve ao traballo fronte a un equipo que semellaba a comezos da tempada dispoto a acadar mellores resultados. Adestrados por Piscis, un xogador moi coñecido na Terceira, e con reforzos de categorías superiores como César(Ourense), Tinaia(Logroñés), Curiel(Ourense),... con 14 puntos e só tres victorias loita por alonxarse da zona quente da táboa.

A súa situación sen embargo, non quere dicir nada xa que o noso equipo fóra da casa xa demostrou que é un bó rival para saír dunha mala xeira de resultados(o Lemos levaba xornadas sen gañar, gañounos, e non voltou a puntuar).

En "La Voz", Iago recolle a necesidade(moi grande) de puntuar fóra para manter as distancias co descenso, 8 puntos na actualidade, e non pasar apuros nos derradeiros partidos de liga:
enlace ao recorte de prensa

Por outro lado, logo dunha comunicación vía email, a páxina web do Ponte Ourense recolle unha referencia á nosa web. Podedes consultala neste enlace:
Enlace a Ponteourense.com

Partidos categorías inferiores(15/16 de decembro) ¡¡¡A polo pleno!!!

Xuvenís: Arrabaldo B - Verín CF
Cadetes: Verín CF - Maceda 2-0
Infantís: Arranxar - Verín CF 0-6
Alevíns: Verín CF - Barbadás 3-0

((actualizadas as SECCIÓNS das categorías inferiores))