lunes, 3 de diciembre de 2007

Rápido de Bouzas 1 - VerínCF 0

E tres puntos máis que voaron.

Agardemos no precisar estes puntos nas derradeiras xornadas da Liga. Outra derrota, e xa son... Todas agás un empate en unha victoria(fronte ao líder... incongruencias do fútbol). O problema será o día no que non gañemos na casa. Porque gracias a nós todos os equipos da parta baixa da táboa collen aire cada vez que os visitamos.

Xogaron polo Verín CF: Macía, Mario, Xurxo, De Dios, Currás, Boris(Barreal), Fran(Ivo), Diego Soto, Hugo, Oli, Bóveda.

Ao igual que case todas as crónicas co Verín CF como visitante deste ano, o encontro comeza con pouco ritmo, recibimos un gol en contra, e non sabemos remontar. De non ser pola titularidade de Hugo consecuencia da baixa de Nuno, o encontro non sería distinto de todas as derrotas fóra da casa desta primeira volta.

Unha vez sería inmerecida, dúas, mala sorte,... 6 derrotas fóra da casa é un problema. Xa que a derrota xa a temos antes de comezar os partidos(por estadística) e visto que na casa estamos moi finos... unha proposta non exenta de ironía, ¿por que non saír ao ataque total fóra da casa? Porque a derrota pola mínima xa semella...

Categorías inferiores(01/02-12)

Xuvenís: Pabellón Pr - Verín CF: 1-3
Cadetes: S. Teresita - Verín CF: 1- 4
Infantís: Pabellón Pr - Verín CF: 2-0
Alevíns: Verín CF - Antela: 1-1