domingo, 2 de diciembre de 2007

R. Bouzas - Verín CF


Enfrontámonos a un dos equipos de maior historia da Terceira. Fundado no 1917(http://www.rapidodebouzas.com/noticias.htm), representa a unha población que na actualidade é case un barrio máis de Vigo.

Non comezou ben a tempada para o equipo vigués, pero semella ter endereitado o seu rumbo e actualmente segue ao Verín a catro puntos de distancia. É polo tanto un partido importantísimo para manter ou aumentar as distancias coa parte perigosa da táboa.

Este equipo que tres anos atrás logrou o campionato da Terceira loitará esta tempada probablemente por evitar os riscos do descenso e asegurar canto antes a permanencia. Con só once goles é xunto co Lemos o equipo menos goleador da categoría.

Pola parte do Verín, e logo de acadar os tres puntos fronte ao filial granate, puntuar sería un bó resultado. A recuperación de xogadores clave como Xurxo, Boris, entre outros semella unha bóa nova para o equipo.

Categorías inferiores(01/02-12)

Xuvenís: Pabellón Pr - Verín CF: 1-3
Cadetes: S. Teresita - Verín CF: 1- 4
Infantís: Pabellón Pr - Verín CF: 2-0
Alevíns: Verín CF - Antela: 1-1