jueves, 29 de noviembre de 2007

Categorías inferiores(24 novembro)

(premer nas imaxes para amplialas)
Xuvenís: Verín CF - Soutopenedo: 9-0

Partidazo dos xuvenís de Mario que pasaron literalmente por enriba do Soutopenedo. Os resultados da xornada semellan deixar claro que serán os seis primeiros equipos os que loitaran por ascender. Mágoa das tres derrotas que acumula o equipo e que non lle permiten ter a tiro aos dous primeiros.

Pero unha victoria na casa do Pabellón cambiaría as cousas porque nesta xornada enfróntanse entre eles os 6 primeiros equipos. Un par de bós resultados poderían aproximar ao equipo ao ascenso.

Cadetes: Verín CF - Velle: 2-1

Importantísima victoria dos cadetes de Gallego. Un encontro complicadísimo, cunha arbitraxe bastante conflictiva, proba do cal foi a expulsión de todo o corpo técnico do equipo visitante e de un dos seus xogadores. Logo de un primeiro tempo de igualdade, a segunda metade foi de claro dominio do equipo local.

Con esta victoria o equipo cadete consolida a súa segunda posición na táboa, agardando un pequeno erro do Celanova para recuperar o liderato.

Infantís: Verín CF - Ourense B: 1-3

O dos infantís será unha loita punto por punto deica a derradeira xornada. O sábado no campo da Granxa non fixeron un mal partido, tiveron ocasión ao longo do partido, pero o que importa son os goles, non as ocasións. E non puido ser.

O malo desta categoría é que entre filiais, filiais dos filiais e equipos con outro nome pero filiais, manter a categoría é prácticamente imposible, ¡agás para o noso equipo! Os da capital enchendo de equipos as categorías(...).

Alevíns: Arenteiro - Verín CF: 3-0

Mal resultado do equipo de Raúl. A visita a un dos colistas da Primeira saldouse con derrota. O Arenteiro goleou ao noso equipo, e igualounos con catro puntos. Sen embargo, este equipo está facendo moi bóas cousas nunha nova andaina co equipo recén creado.

O derbi en Verín fronte ao Antela desta semana semella complicado, pero é neste tipo de encontros cando o resultado é máis incerto, así que moito sorte e "a polos pataqueiros"