Nos partidos aprazados deste xoves, os xuvenís . Esta victoria coloca ao noso equipo no terceiro posto a catro puntos do Barbadás, que tamén gañou no partido aprazado 1-3 ao Cortegada.
No descanso xa gañaban 4-0 e tras o tempo de lecer os cambios non fixeron baixar o ritmo e o partido rematou cunha nova goleada a favor dos nosos.
Xuvenís: Pabellón Pr - Verín CF 1-3
Gran victoria dos xuvenís fronte ao Pabellón. Xa gañaban 0-1 aos 15 segundos de comezar o partido. Con esta victoria, o equipo de Mario está colocado no cuarto posto, a só catro puntos do segundo clasificado, o Barbadás B.
Desta maneira o partido aprazado fronte ao Arrabaldo B que xogan maña xoves día 6 en Verín cobra especial importancia. Se gañan, adiantan ao terceiro clasificado, e dependendo do resultado do Barbadás B no seu partido aprazado poderían colocarse a un punto do segundo clasificado, poría tres puntos de distancia co Maceda. O partido de mañá será clave.
Cadetes: S.Teresita - Verín 1-4
A derradeira xornada da primeira volta deixou unha grata sorpresa na Segunda cadete. Pinchou o líder, o Celanova, deixando aos nosos a un só punto do liderato. e con 6 puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado, o Velle que goleou por 15-0 ao Palmés.
A próxima xornada un dobre enfrontamento entre os catro primeiros podería deixar, no suposto de victoria de Verín e Celanova, prácticamente decididos os postos de ascenso.
Infantís: Pabellón Pr. Verín CF 2-0
Nova derrota dos infantís diante dun dos rivais da outra liga, que non é a de evitar o descenso de categoría como é a nosa. É preciso sumar puntos pero probablemente non moitos para conseguir a permanencia.
O Allariz, rival da próxima xornada, non semella un rival inalcanzable xa que perdeu co Pabellón 8-0 fai quince días. Gañar suporía meter na loita polo descenso a cinco dos once equipos da categoría. Gañar, case imprescindible.
Alevíns: Verín CF - Antela 1-1
De novo espectacular resultado dos máis pequenos. Desta volta empataron a un tanto co terceiro clasificado, o Antela, no derbi. Mágoa da derrota da semana pasada por 3-0 fronte ao Arenteiro, que derrotou ao Barbadás e xa ten 7 puntos.
Esta fin de semana é imprescindible gañar fronte ao Barbadás, pechacancelas da categoría xunto co Ourense B. Sumar tres puntos é tamén alonxar aos dous derradeiros e case asegurar un ano máis na Primeira categoría alevín.