miércoles, 24 de octubre de 2007

Xuvenís + Cadetes(21-10-07)

Crespos 2 - Verín CF 5

O equipo dos xuvenís xa vai carburando cara ao ascenso. Con un partido menos, os rivais más claros semellan ser Barbadás B e Rúa. Pero o filial do Barbadás terá que esperar ao posible ascenso do primeiro equipo que leva anos tentando ascender sen conseguilo. No mesmo suposto se atopa o Ponte Ourense B. O ascenso nun grupo de catorce equipos non se debería decidir deica as últimas xornadas, polo que o importante é manterse nos postos altos ata o final.

Verín CF 1 - Oira 0

Os cadetes van lanzados. Tres victorias en tres partidos, e con varios infantís no once inicial, é un equipo non só para esta tempada, senón para darlle continuidade na Primeira categoría á que con seguridade ascenderán ao final da tempada.
O partido do sábado serviu para demostrar que fronte a un equipo bastante complicado non perden a paciencia e seguen xogando ao toque ata acadar o resultado. Foi cara ao final do partido cando o capitán do equipo se foi da súa marca e enviou un centro-chut que sorprendeu ao porteiro do Oira. 9 puntos de 9 posibles e a seguir así.