domingo, 21 de octubre de 2007

Verín CF 1 - Betanzos 0



Fin de semana completo! Catro partidos, catro victorias.

Xogaron polo Verín CF: Macía, Mario, De Dios, Bóveda, Xurxo, Fran(Iago), Diego Soto, Carlinhos(Ivo), Barreal, Nuno(Paulo Alexandre), Oliveira. Tarde de sol e calor cunha entrada menor que en xornadas anteriores(a Fórmula 1,...).

Nada máis se pode pedir. O partido non foi malo, pero en ataque semellaba non existir a mesma claridade que en partidos anteriores. A primeira parte non tivo grandes ocasións. Só cerca do descanso o Betanzos puido adiantarse nun centro que se paseou diante da portería sen que chegara a rematala ninguén.

No segundo tempo o Verín controlou o partido mentres o Betanzos pouco a pouco semellaba conformarse co empate. Foi nun saque de esquina, cando un remate en semifallo no primeiro pao, chegou a Oliveira que só tivo que empuxala a gol. Dende ese momento e ata o final do encontro, o Verín controlou o partido e a saída de Ivo e Iago deulle un maior control do balón.

Destacar tamén a recuperación en ataque de Nuno que estivo moi activo encarando, e desbordando, fundamentalmente no segundo tempo.

Un partido complicado na casa, dos que serven para asegurar a tranquilidade do plantel e afrontar os dous partidos que veñen fóra da casa sen presión.

¡¡HALA VERÍN!!

(((actualizadas as seccións das categorías inferiores e solucionados os erros de calidade nas fotos da sección instalacións, con fotos da sala de trofeos)))

Resultados das categorías inferiores:

Xuvenís:
Crespos - Verín CF 2-5
Cadetes: Verín CF(máis líderes da Segunda División) - Oira 1-0

Infantís:
Descansan esta xornada.

Alevíns: Verín CF - Ourense B 4-1