sábado, 20 de octubre de 2007

Verín CF- Betanzos


Chega un dos históricos da categoría.

Máis de 25 tempadas leva o Betanzos na Terceira. Non comezou demasiado ben a tempada, pero iso non debería ser un poblema ao remate da mesma.

O partido, mañá día 21, ás 17:00 hs. no José Arjiz.

O Verín, pendente da completa recuperación dos xogadores lesionados, recupera a Mario para a banda esquerda logo de cumplir o partido de sanción.

Despois da derrota da pasada semana, na casa non se pode deixar fuxir un só punto. ¡Hala Verín!



Partidos para esta fin de semana das categorías inferiores:(actualizadas as súas páxinas)


Xuvenís: Crespos - Verín CF 2-5
Cadetes: Verín CF(máis líderes da Segunda División) - Oira 1-0
Infantís: Descansan esta xornada.
Alevíns: Verín CF - Ourense B 4-1