sábado, 27 de octubre de 2007

Santa Comba - Verín CF

Santa Comba. Domingo 28, ás 16:30 hs.

Este domingo, a primeira das dúas saídas que poden marcar se subimos ao carro da parte nobre ou nos estabilizamos na zona tranquila da táboa. É preciso sumar algún punto nestas dúas saídas para seguir marcando diferencias coa zona de perigo.

O rival leva unha marcha algo irregular. Na prensa local, o presidente do Santa Comba amosaba fai un par de semanas as súas queixas por ter recibido este ano ¿¿¿SÓ???? 100.000 euros do Concello, e non os 140.000 euros que viña recibindo. ¡¡¡¡Tócalle o zoco!!!!

Cadetes e xuvenís tentarán manter a súa bóa xeira de resultados, e infantís e alevíns a seguir loitando.

¡Hala Verín!


CATEGORÍAS INFERIORES:

Xuvenís: Verín CF - Bande 4-1
Cadetes: Ribeiro - Verín CF 0-5
Infantís: Verín CF - Calasancio B 0-3
Alevíns: Pabellón Pr. - Verín CF 7-0