domingo, 28 de octubre de 2007

Santa Comba 2 - Verín CF 0

Mal partido.

Apenas 150 persoas no campo do Santa Comba. Xogaron polo Verín: Piollo, Xurxo(Boris), Mario, Bóveda, De Dios(Ivo), D. Soto, Fran, Barreal, Carlinhos(Hugo), Nuno, Oli. O colexiado, mal. Os liniers, peores.

Primeira parte moi frouxa sen apenas ocasións para ningún dos equipos. Só Piollo, cerca do descanso fixo unha gran parada. O rival igual de frouxo.

Na segunda metada, o Santa Comba comezou con máis forzas, e nun tiro sen aparente perigo, Piollo non bloqueou o balón, e o rexeite aproveitouno o rival para facer o 1-0. Deica o final, o Verín espertou un pouco, insuficiente. Dous lanzamentos dende 30 metros de Mario foron as mellores ocasións. No minuto 95 o Santa Comba facía o 2-0 logo de ter evitado o segundo o noso porteiro en varias ocasións.

A bóa noticia do partido, a recuperación de Boris logo da lesión que sufrira no partido de volta da promoción. Este xoves día 1, partido adiantado Verín CF - Arousa no José Argiz(xornada adiantada polo compromiso da selección galega de aficionados ¿?, á que van os de sempre e ningún do Verín CF). Logo haberá que xogar fronte ao Lalín, así que o xoves non se pode perder.

CATEGORÍAS INFERIORES:

Nas categorías inferiores, cadetes e xuvenis seguen coma tiros, os infantís melloran bastante caendo por pouco contra o cuarto clasificado, e os alevíns perden de forma case previsible contra o Pabellón.

Xuvenís: Verín CF - Bande 4-1
Cadetes: Ribeiro - Verín CF 0-5
Infantís: Verín CF - Calasancio B 0-3
Alevíns: Pabellón Pr. - Verín CF 7-0