miércoles, 31 de octubre de 2007

Verín CF - Arosa

Mañá xoves día 1 de novembro, ás 16:30 hs, no José Arjiz.

Chega outro dos históricos da categoría. A pesares da súa actual posición(16º con 9 puntos), e de que nos derradeiros anos non ten obtivo moi bós resultados é un rival que é complicado e que non terá ao final problemas para manterse. Un equipo que fichou en Segunda B, Padín(lesionado, non xogou a pasada semana) e Manu Rodríguez, pero que non semella "carburar ben".

Gañar logo da derrota en Santa Comba é obrigatorio para seguir mantendo as distancias cos postos de perigo(e por que non para manter a idea de entrar como quen non quere a cousa nos postos de privilexio).

A ponte do 1 de novembro de seguro que suporá unha moi bóa entrada no José Arjiz. Os 10 puntos obtidos ata agora na casa fan que o 1 na quiniela sexa a opción máis lóxica. Unha nova derrota coa visita ao Lalín do domingo sería un sinal de alarma.

¡¡Hala Verín!!