sábado, 15 de septiembre de 2007

SD Ciudad de Santiago - Verín CF



¿Desquite?

Para algúns pode que sí, pero non ten nada que ver a situación da tempada anterior coa da actual. Eles son os líderes, para comezar. Cun equipo remozado, que non ten moito que ver co que xogou no José Arjiz a tempada 2006-2007. Ficharon a Changui, Franqueira,... e manteñen entre outros a Rico(desta non viñeron coa milonga de que non pode xogar e bla, bla, bla). Un equipo pensado e "pagado" para ascender.

Seguen xogando no estadio de S. Lázaro, o cal semella incomprensible porque tendo o campo de Santa Isabel levan un cento de siareiros a un campo de 10.000 persoas que ten aspecto de a medio derruir. Mellor para os que veñen de visitantes que non senten presión das bancadas nin nada semellante. Seguen tendo outro problemiña, os pucos composteláns que non quedaron queimados en Santiago coa desaparición do Compos seguen apoiando á SD aínda na Preferente. Semella pois un equipo un pouco artificial(agás no diñeiro que moven, por suposto).

No Verín CF, agardamos a estrea da nova fichaxe na dianteira, Marcelo. A enquisa na web non tivo moitos votantes pero deixan claro cal é o reforzo que precisaba o equipo.

O horario do Domingo ás 18:00 horas non pretende, supoñemos, facer unha gran entrada con xente de Verín, porque ao día seguinte hai que traballar e chegar ás 23:00 horas a Verín, como que... Para o que se anime, pouco máis de 2 horas de viaxe.