sábado, 7 de junio de 2008

Os Cadetes ás semifinais da Copa


1-0. Con polémica, pero de forma xusta(gracias a X.Ramón polas 3 primeiras fotos).

E a polémica non foi demasiada. Minuto 80, á saída dun corner na área visitante, varios remates e paradón que envía o balón a corner. O problema foi que o paradón foi dun xogador de campo. Penalti. E montouse o show. Semellaba que a colexiada non pitara nada(ela ao final do encontro dicía que pitara dende o primeiro momento), pero logo de moitas discusións dentro e fóra do campo sinalou o penalti.

O encargado de tirar o penalti foi o porteiro local, con pouca carreira e enganou ao porteiro da Ponte Ourense sen que puidera facer nada.

Houbo polémica, pero tamén houbo 70 minutos de moi bó xogo por parte dos nosos que recén ascendidos á Primeira Provincial e con varios infantís no seu once foron quen de dominar a un equipo superior físicamente e que viña de xogar a fase de ascenso á Liga Galega. Tamén hai que recoñecer que nos últimos dez minutos eles tiveron dúas bóas ocasións xogando á contra cando xa tiñamos a un dos nosos centrais de dianteiro.

Pero no resto do encontro fomos superiores e por iso xustos venced
ores, aínda que fose co tópico de "penalti no último minuto"(sinalar por último que o adestrador visitante logo de que se tirase o penalti pediu aos seus xogadores que abandonasen o campo sen ter rematado o encontro. Negoulles con iso a posibilidade de tentar empatar e superar a eliminatoria).

Encontros da fin de semana(7-8 xuño):
  • Cadetes(cuartos de final da Copa).Sábado ás 11:30hs. no campo Anexo ao José Arjiz: Verín CF - Ponte Ourense b 1-0
  • alevíns(semifinais da Copa).- Domingo ás 11:00hs. no estadio José Arjiz: Verín CF - Celanova