domingo, 8 de junio de 2008

Os Alevíns, a un paso da final da Copa


Verín CF 3 - Celanova 2
(crónica e fotos - X.Ramón)


Partido cun marcador moi complicado dos alevines, que tiveron que ir sempre a
remolque pero con moitísimas oportunidades de gol. Adiantouse o Celanova 0-1 aos dez minutos. Antes do tempo de lecer, os nosos conquerían o empate. 1-1 ao descanso.

Aos doce minutos da segunda parte, adiantáronse novamente os visitantes. Sen embargo cando só faltaban cinco minutos para o final os nosos conseguían o empate e nos derradeiros minutos do encontro unha merecida victoria por 3-2 que deixa todo aberto para o encontro de volta.

Seguen sen perder un só encontro na copa e a tan só un partido da gran final da COPA DEPUTACION. O partido de volta sera o sábado día 14 de xuño(horario por confirmar).