viernes, 18 de abril de 2008

Verín CF - Rápido de Bouzas(Xornada 33)

Domingo 20 de abril, ás 17:30 hs. no José Arjiz.

Xogamos fronte ao Rápido de Bouzas, equipo que semella con maiores aspiracións, pero que por distintos motivos está empatado con nós(43 puntos) no posto 10º. Tamén como o Verín, é un equipo bastante regular na casa pero con resultados moito peores fóra da casa.

Deixo un enlace á brevísima reseña publicada hoxe no "Faro de Vigo"(enlace pulsar).

O Rápido, que xa tivo 3 adestradores no que vai de liga(algún durou menos de dous días) logo de sumar 3 puntos nos 4 últimos encontros. Semella un encontro dos que deberían servir para asegurar definitivamente a permanencia(se que todavía existe algunha dúbida) e a oportunidade para os xogadores máis novos de xogar no Arjiz máis minutos.

Por último, a Liga remata o 18 de maio. A un mes vista, dende o clube deberían ir pensando na celebración da ¿Asamblea xeral? para esas datas. A convocatoria debería facerse coa maior marxe posible para que a xente teña coñecemento da celebración. O ano pasado coa fase e a final da Copa todo se demorou e case o pagamos na preparación da tempada.


Categorías inferiores (19-20 abril):
Xuvenís(copa): Velle B - Verín CF Sábado 19, 16:30 hs.(Velle)
Cadetes(copa): Verín CF - Oira CF Sábado 19, 11:00 hs.(Anexo Arjiz)
Infantís(copa): Verín CF - CD Allariz Domingo 20, 11:30 hs.(Anexo Arjiz)
Alevíns(copa): Verín CF (DESCANSA)

Progresivamente, ao longo dos próximos días serán actualizados os distintos apartados da web(a próxima tempada melloraremos...).