domingo, 20 de abril de 2008

Verín CF 0 - Rápido de Bouzas 0

(Grazas a Xoan Ramón -directivo do clube- pola foto do once inicial e outras incorporadas á web na sección "categorías inferiores").
Frouxo partido.
Partido con moi poucas ocasións de gol no Arjiz. Xogaron polo Verín CF: Macía, Mario(Dani), Xurxo, Currás, Iván, Iago, Diego Soto, Nuno(Fran), Carlinhos(Hugo), Oliveira, Barreal.

E iso que o encontro non comezou mal, con moito control do Verín no medio campo con continuos cambios e moita movilidade dos dous extremos e de Oliveira. Sen embargo, un rival moi conformista non permitiu moito xogo.
No segundo tempo vinte minutos moi frouxos ata a entrada no campo dos cambios. Debutou na casa o dianteiro dos xuvenís Fran(que leva case 40 goles cos xuvenís), con moita movilidade puxo dous dos momentos do encontro: un remate de cabeza que o porteiro visitante se complicou bastante, e unha serie de regates a dous defensas do Rápido que rematou cunha violenta agresión do capitán do Rápido diante do xuíz de liña que para sorpresa de todos, conlevou tres cartóns amarelos, dous deles para xogadores do Verín(o defensa do Rápido, o colexiado e o linier, tres impresentables).

A pesar de todo, nos últimos intres un paradón de Macía a un remate de cabeza do dianteiro visitante logrou polo menos evitar a derrota. Destacar: un punto máis para os nosos(44 xa) e a actuación do central Iván que inédito toda a tempada fixo un moi bó partido, demostrando que é a alternativa a Bóveda ou De Dios para a próxima tempada.

Categorías inferiores (19-20 abril):
Xuvenís(copa): Velle B - Verín CF 1-4
Cadetes(copa): Verín CF - Oira CF 12-0
Infantís(copa): Verín CF - CD Allariz 1-3
Alevíns(copa): Verín CF (DESCANSA)

Por outro lado, felicitar aos cadete de fútbol sala de Verín, campeóns provinciais con varios xogadores do equipo cadete do Verín CF. Deixo un enlace á web do Ponte Ourense, que recolle un amplo reportaxe fotográfico: enlace