3 puntos máis...
E 3 puntos menos para acadar a salvación. Sufrir, sufriuse. Pero así aínda sabe mellor. Xogaron polo Verín CF: Piollo, Xurxo(Dani), De Dios, Bóveda, Mario, Fran(Boris), Iago, Nuno, Diego Soto, Oliveira(Hugo), Barreal.
O primeiro tempo comezou cun Verín CF que dominaba o encontro ata que nun erro defensivo entre Mario e Piollo, rematou na rede local logo dun gran remate do dianteiro do Villalonga.
Este foi un bó revulsivo para o Verín que comezou a dominar e deu a volta ao encontro con dúas xogadas ben trenzadas antes do tempo de lecer. Primeiro Fran Álvarez, que semella ter recuperado o nivel do comezo da tempada e despois Diego Soto, que require un monumento en breve. Nada máis no primeiro tempo.
No segundo tempo, o equipo comezou ben pero xa a partir do minuto quince o Villalonga decidiu atacar por onde a nosa defensa semellaba máis flebe, con balóns longos ás costas da nosa defensa. Sen embargo os nosos centrais estiveron a un gran nivel. Sen embargo Xurxo, semellaba algo tocado e por aí chegou o perigo ata que a entrada de Dani pechou a nosa banda dereita. Os derradeiros dez minutos moito pelotazo e pouco perigo real agás unha contra que rematou cunha gran parada de Piollo.
O mellor, o centro da defensa: De Dios a un nivel impresionante. E Bóveda moi ben ao corte complementando o traballo do primeiro.
Os encontros desta fin de semana son probablemente os máis interesantes da tempada para xuvenís e cadetes. Os xuvenís xogan fronte ao Barbadás polo segundo posto da categoría e polo ascenso á Primeira. Os cadetes xogarán no derradeiro partido da tempada regular por conquerir o título de campión de Segunda, co ascenso xa no bote:
Xuvenís: Verín CF - Barbadás ........................ 1-0
Cadetes: Verín CF - Celanova ........................ 2-2
Infantís: CD Ourense - Verín CF ................... 3-4
Alevíns: Antela - Verín CF .............................. 3-2
Sorteouse a Copa para os cadetes. Catro grupos, dous da Primeira e dous da Segunda. Os primeiros de cada grupo de segunda pasarán aos cuartos de finais directamente. O grupo do noso equipo semella sinxelo para acceder á seguinte ronda. Ademais este equipo cadete semella potente de sobra como para gañar a Copa:

- Verín CF
- Oira
- Ribeiro
- Santa Teresita