miércoles, 5 de marzo de 2008

Categorías inferiores (1-2 de marzo)

Non puido ser.

Os cadetes xogaron máis e mellor que o Celanova, pero o empate final "obriga" a festexar o segundo posto. O encontro comezou mal porque o Celanova marcou na súa primeira chegada. A partires dese momento o Verín dominou ao seu rival e marcou dous bós goles. O primeiro con algunha colaboración do porteiro rival. O segundo, un gran control do capitán que marcou dende fóra da área.

No segundo tempo o Celanova saiu con máis folgos e nunha xogada bastante discutible o colexiado pitou penalti nunha man claramente involuntaria. De aí o final ataque a por todas dos nosos e contras perigosas dos visitantes. No derradeiros intres o Verín tivo varias ocasións clarísimas e un posible penalti que o colexiado non viu. A pesares da derrota, gran tempada dos cadetes que agora teñen a posibilidade de gañar a Copa.

Pola tarde os xuvenís venceron ao Barbadás B e aumentan as súas posibilidades de cara ao ascenso á Primeira.

A maior sorpresa e sen dúbida algunha o equipo infantil, que logo de pelexar pola zona baixa da táboa, podería por unha serie de carambolas chegar a xogar a fase de ascenso á Liga Galega. Esta fin de semana venceron ao cuarto clasificado por 3-4 e non sería extraño que acadasen postos de promoción.

Os alevíns perderon 3-2 no derbi co Antela(cuarto clasificado) e semella que non terán grandes problemas para manter a categoría. Con dous partidos menos que o resto, vencer ao Barbadás na próxima xornada case aseguraría un ano máis na Primeira División para este equipo recén creado e con moitos rapaces de primeiro ano.

¡Gran ano das categorías inferiores!(non estaría de máis que nalgún partido da Terceira de aquí á fin da tempada se lles fixese unha pequena homenaxe... e que lles paguen unha ceniña polo conquerido)

Xuvenís: Verín CF - Barbadás ........................ 1-0
Cadetes: Verín CF - Celanova ........................ 2-2
Infantís: CD Ourense - Verín CF ................... 3-4
Alevíns: Antela - Verín CF .............................. 3-2

Sorteouse a Copa para os cadetes. Catro grupos, dous da Primeira e dous da Segunda. Os primeiros de cada grupo de segunda pasarán aos cuartos de finais directamente. O grupo do noso equipo semella sinxelo para acceder á seguinte ronda. Ademais este equipo cadete semella potente de sobra como para gañar a Copa:
  • Verín CF
  • Oira
  • Ribeiro
  • Santa Teresita