martes, 6 de noviembre de 2007

Xuvenís + Cadetes(04-11-07)

Ponte Ourense B 2 - Verín CF 2

Podería semellar un mal resultado para os xuvenís, pero sabendo que a dez minutos do final perdían por 2-0 o sabor que deixa este empate é moito mellor. Nunha liga de catorce equipos o importante será manterse na parte alta da táboa deica o sprint final.

Quintos(con un partido menos, fronte ao Arrabaldo B) non semella unha mala posición. Esta fin de semana xogan fronte ao Velle B e enfróntanse Barbadás B e Pabellón Pr., polo que pode ser unha bóa xornada para achegarse aos primeiros postos.

Pabellón Pr. 1 - Verín Cf 1

A pesares de obter un só punto na súa visita ao Pabellón, os cadetes manteñen a primeira posición empatado co Celanova e con catro puntos máis que o terceiro clasificado, o Allariz(o Allariz só leva 9 puntos, a clasificación contén un erro).

Esta semana enfróntase ao colista(Palmés), polo que non debería ter problemas para manter a primeira posición á espera do partido da sétima xornada fronte ao Celanova, que probablemente decidirá quen remata a primeira volta como líder.

((actualizadas as súas seccións))