jueves, 8 de noviembre de 2007

Infantís + Alevíns(04/11/07)

Velle 6 - Verín CF 5

Malia derrota no partido entre colistas, os nosos infantís semellan espertar. Non é tarde, a liga é bastante longa e a pesares de ser moitos dos rapaces de primeiro ano quedan moitos puntos por xogar.

Do cuarto clasificado(6 puntos) ao edrradeiro posto as diferencias son mínimas polo que un par de bós resultados cambiarán a situación do equipo. Esta fin de semana, o partido na casa fronte ao S. Teresita é un bó momento para que o equipo de Iván comece a sumar puntos.

Verín CF 3 - CD Ourense 4

Os máis pequenos seguen a sorprender. Logo de ser incluidos na primeira provincial, semellan dispostos a dar moita guerra. Logo da derrota na Ponte(coa maioría dos goles no segundo tempo), a piques estiveron de dar a sorpresa fronte ao líder.

Coller unha bóa xeira de resultados non só deixaría claro que non pensan caer da primeira división, senón que teñen pensado loitar por cousas moito máis importantes. Esta fin de semana xogan fronte ao Pabellón Promesas noutra saída bastante complicada. Sorte.