sábado, 29 de septiembre de 2007

Montañeros - Verín CF



6ª Xornada.

Domingo 30 de setembro ás 12:30 hs. no campo de Elviña.

O equipo da Coruña é o noso próximo rival. Un equipo de tradición nas categorías de fútbol base, pero de recente creación como equipo de fútbol aficionado. Creado co apoio do "dono" do Banco Gallego, este equipo leva ascenso por ano dende a súa creación, arrasando en todas as categorías polas que ten pasado. O seu obxectivo foi dende os seus inicios o ascenso á Segunda B o máis rápido posible e para iso non importou pagar aos seus xogadores incluso na Terceira Rexional(categoría que en Coruña xoga todos os partidos na cidade, está chea de veteráns e estudiantes).

O campo de Elviña é un campo de herba sintética bastante grande(sobre todo moi ancho) para as dimensión que acostuman ter este tipo de campos. Non confundir co Campus universitario de Elviña que ten un campo de herba natural.Para chegar a Elviña(entre outras posibilidades) hai que coller a saída "Av. San Cristóbal" que dende Alfonso Molina(entrada principal de A Coruña) vai cara ao Polígono da Grela. A 300 metros hai un semáforo, xirar á esquerda e a 150 metros xa está o parking do campo de Elviña.

O noso equipo ten as dúbidas de Fran, Jorge, Oli e Ivo que están tocados e serán dúbidas ata última hora.

Ao igual que o Cidade de Santiago é un equipo creado partindo das categorías inferiores pero que todavía non ten masa social detrás aínda que sí diñeiro, con un orzamento que supera os 240.000 euros e un plantel que acolle á metade do Negreira da tempada pasada e a xogadores de categoría superior á Terceira como Carlocho(ex Arteixo e xogando na 2ªB a pasada tempada), Olaiz,... A metade do plantel xogou na 2ª B ou categorías superiores. Ao igual que o Cidade... ¡que palmou 0-2 contra nós!


¡Hala Verín!

(((((ACTUALIZACIÓN: Hai novos datos na historia do clube: Tempadas 01/02 e 02/03))))