domingo, 30 de septiembre de 2007

Montañeros 0 - Verín CF 0

Un puntiño máis, ou como lle gusta decir ao adestrador, un punto menos para a salvación.

Campo de Elviña sintético en non moi bóas condicións(demasiado caucho, bolsas de auga debaixo dalgunhas zonas do campo,...). Pouco máis dun cento de persoas nas bancadas.

Xogaron polo Verín CF: Piollo, Xurxo, De Dios, Currás(Bóveda), Mario, Iago, Diego Soto, Barreal, Nuno, Carlinhos(Ivo), Oli(Paulo Alexandre).

Un punto que pode semellar pouco polos méritos feitos na primeira media hora de partido. Unha primeira media hora na que o Verín tocou no medio campo baixo a dirección de Diego Soto que ten trazos de conventerse na referencia do medio deste ano. Os derradeiros quince minutos da primeira parte o Montañeros tomou un pouco o mando pero sen chegar a dominar claramente. Antes do descanso lesionouse Currás, que estaba a facer un dos mellores partidos da tempada.

O segundo tempo iniciouse co Verín mandando e afogando a saída de balón do rival como no inicio de partido, un par de ocasión, sobre todo a balón parado (un remate de Oli no segundo pao á saída dun córner que pegou contra ao lateral da redelogo da "tragada" do porteiro rival).

Sen embargo, o troco de Oli(rematou a semana algo tocado) faltando vinte minutos fixo recuar ao equipo e existiron certos momentos de agobio que ben puideron costar un gol(sacou Piollo un par de máns ás que cada vez nos ten máis acostumados).

Unha falta de Barreal puido dar os tres puntos ao noso equipo, pero ao final un punto para cada equipo, e xa levamos 8.

Botando unha ollada ao calendario que tivemos ata agora(Coruxo, Alondras, Cidade, Montañeros ben poden ser os catro da promoción), agás o partido de Ordes non está a cousa indo nada mal. A seguir...

((((((A este resultado temos que sumar a victoria por 6-0 dos xuvenís de Mario frónte ao Santa Teresita)))))
.......................................................................................................................................
ESTATÍSTICAS da "WEB"(setembro):
  • 584 visitas(215 usuarios)
  • 1.308 páxinas vistas(2,24 páxinas/visita)
  • 3,34 minutos de promedio de tempo na web
  • 31,16% de visitas novas