sábado, 25 de agosto de 2007

Verín C.F. vs Coruxo F.C.

¡Mañá comeza a tempada!

Logo dunha pretempada un pouco "atolondrada", mañá xa non serven excusas. O que se fixera mal ou ben xa case non importa, só vale gañar na volta á Terceira, con independencia do rival. E o Coruxo non é calquer rival. Xogou na pasada tempada a promoción e reforzouse moi ben, non só con nomes(Giovanella está "sancionado" todavía para os primeiros partidos). A súa pretempada tampouco foi moi regular, alternando bós resultados con empates ou derrotas con equipos de inferior categoría. Nembargantes, mantén o bloque do ano anterior e as súas incorporacións son de calidade contrastada, estando chamados a novo ano de éxitos, logo da visita ao José Arjiz, obviamente.

A confección do plantel semella quedar pendente algúns días máis, destacando a incorporación do veterán central portugués Paulo Alexandre. Un once posible para mañá podería ser o seguinte:
  • Macía
  • Xurxo, De Dios, Paulo Alexandre, Mario
  • Nuno, Bóveda, Fran, Carlitos
  • Oliveira, Barreal.
Os once xogadores que finalmente saian de inicio terán que facelo moi ben, porque as bancadas do Arjiz(os da foto e moitos máis) serán esixentes dende o primeiro minuto. Sorte para todos os xogadores e tamén para o adestrador Peluso, que sinala como obxectivo en declaracións a La Región obter 45 puntos. Xa estamos de acordo. 45 puntos para a primeira volta dos 57 posibles tamén semellan suficientes para os siareiros...