domingo, 15 de junio de 2008

Resultados Cadetes + alevíns

Unha de cal e outra de area: Os Alevíns caeron derrotados e eiminados en semifinais polo Celanova por 4 á 1, sen enbargo os cadetes despois de ir perdendo todo o partido remontaron o seu encontro gañando por 2 a 1 tamén en semifinais.

Os alevíns poñen fin así a unha tempada moi proveitosa logo da súa volta ás competicións oficiais despois de varios anos sen que o clube tivese equipo. O equipo de Raúl de las Heras, con moitos nenos de primeiro ano logrou manter a categoría na Primeira Provincial, e chegou ás semifinais da Copa Deputación. Norabóa aos rapaces e a preparar anova tempada que xa está aí pŕoxima.

Os cadetes terán que ir a Ourense a pelexar pola clasificación para a final da Copa Deputación a próxima semana fronte ao Pabellón no campo de Os Remedios.