domingo, 22 de junio de 2008

Pabellón C+B+A 2 - Verín CF 0


O guión previsto.

Naide nos gana por méritos propios, pero o Pabellón plagado de xogadores de galega e nacional, e coa "colaboración" dun colexiado que non nos pitou un penalti clarísimo, ten como resultado unha derrota inxusta por 2-0 e quedar fóra da final da Copa Deputación. A Federación, se lle interesa, debería meter mán neste circo porque do contrario terán o que algún sempre buscou, non moverse da "capital" para xogar as divisións provinciais. É lamentable que un equipo de segunda categoría recén ascendido non teña a posibilidade "real" de chegar xogando en igualdade de condicións á final, porque un clube con varios equipos de cadetes(igual que outros da "capital") se adique a mover aos rapaces de categoría para copar as finais. Por se algún non se decatou a día de hoxe o Verín CF é tan importante e tan serio como calquera outro equipo da provincia.

Rematan deste xeito as competicións das categorías inferiores do Verín C.F. ata a próxima tempada, unha tempada, esta que pasou, con dous ascensos, a recuperación do equipo alevín e unha fase de promoción á Liga Galega, ademais do salto dalgún dos xogaderos xuvenís ao primeiro equipo, podendo ser calificada en resumo de ÉXITO TOTAL.

Dende a páxina felicitar aos adestradores e xogadores dos equipos da canteira por ter mostrado un gran nivel de esforzo e calidade. E a vindeira tempada máis e mellor!