lunes, 2 de junio de 2008

1º ANIVERSARIO

Xa temos un aniño!!!

E semellaba un pasatempo nada máis fai un ano. Nese tempo temos alcanzado as 1.600 visitas/mes e seguimos crecendo. Ten sido un bó ano en canto a resultados con un ascenso á Terceira, unha Copa Deputación e un ano máis ou menos tranquilo.
Nesta web, que xurdiu da necesidade de ter un espazo actualizado na internet e do tempo libre dalgúns, xa levamos un ano con moito que mellorar. Por iso, é o momento de adquirir compromisos. Adquirimos o dominio http://www.verincf.es/ , pero iso non é suficiente obviamente. Por iso, antes do primeiro encontro da próxima tempada 08/09, estrearemos nova web(xa non blog), na que faremos seccións de máis calidade(tamén das fotos dos xogadores, tamén).
Para iso é preciso contar co apoio do clube(e dos socios, ex-directivos,...) e nese eido é xusto recoñecer o traballo do directivo Xoán Ramón, que dende o principio e en maior medida nas últimas datas, remitiu moitos dos datos de forma inmediata, o que mellorou moito o contido do "blog"(porque dende fóra de Verín é complicado seguir todo ao día). A esto sumaremos o compromiso dos adestradores do clube(agardemos) para ter crónicas de todos os encontros das categorías inferiores(temos moito que mellorar no seguemento logo dun ano de éxitos da canteira que todavía poden ser máis).
Conclusión: Para ser o 1º ano non estivo mal, pero todavía melloraremos.

Copa Deputación Cadete:

Cuartos de final: Ponte Ourense B - Verín CF 3-2

Copa Deputación Alevín:

Verín CF - Barbadás 5-2

Partido de copa disputado no estadio (Jose Arjiz). Os nosos remataron a súa liguiña pasando de primeiros e únicos do seu grupo a semifinais con estos resultados:
7 vitorias
1 empate
41 goles a favor
18 goles en contra