jueves, 1 de mayo de 2008

Verín CF 2 -1 Portonovo (Xornada 36)

Matemáticamente de Terceira outro ano.

Mal partido. Bós vinte derradeiros minutos. Xogaron polo Verín CF: Piollo, Xurxo(Fran), Mario, Currás, De Dios, Iago, Nuno(Boris), Carlinhos(Ivo), Diego Soto, Pablo Barreal, Oliveira.

O primeiro tempo foi moi frouxo. Os dous equipos semellaban non considerar un mal resultado o empate e só a balón parado o Verín foi quen de crear dúas ocasións máis ou menos claras. O Portonovo pola súa banda tivo unha ocasión inmellorable nun gran caneo do seu dianteiro centro que non foi capaz rematala en gol ante a oposición de J. De Dios. O resto do primeiro tempo nada que comentar.

No segundo tempo, a saída de Ivo ao campo marcou unha gran diferencia con moito máis xogo pola banda esquerda. Sen embargo, o equipo visitante nunha contra cun grave erro da nosa defensa adiantouse nun gol ante o que non puido facer nada Piollo, que estivo espectacular hoxe con dúas paradas que salvaron ao equipo de males maiores. Como primeira conclusión, temos dous porteiros para o próximo ano de grandísimo nivel.

Foi nese intre no que o equipo reaccionou. Ivo pola esquerda e Oliveira na dereita, apoiados por Barreal como punta comezaron a tocar máis e mellor. A saída de Boris ao campo deulle moito máis toque no medio e o equipo mellorou nos últimos 20 minutos. Unha xogada de Ivo e Mario con centro deste último rematou nun remate de cabeza espectacular de Barreal fronte ao que non puido facer nada o porteiro visitante.

Xa nos derradeiros intres, no minuto 94, un corner botado polo Portonovo caeu nos pés de D. Soto(que rematou de lateral dereito. Cumpre en calquer sitio) que abriu para Oliveira(perfecto outro encontro máis). Este centrou ao segundo pao a Barreal que deixou de peito para que chegando dende a frontal Ivo marcase de volea inapelable.

Conclusións: 47 puntos e salvados. Quedaron fóra da convocatoria Dani e Fran, os xóvenes valores do clube, e Iván quedou no banquillo logo de dous encontros como titular.

Norabóa a xogadores, corpo técnico e directiva(e á afición).
(O foro está novamente e temporalmente aberto para opinar).

Categorías inferiores (3-4 maio):
Xuvenís(copa): Descansan. Pendentes de xogar o encontro aprazado do 1 de maio fronte ao Bande, por mor da Compostela Cup.
Cadetes(copa): Descansan. Clasificados para a seguinte fase.
Infantís(copa): Verín CF - Pabellón Promesas 2 - 1
Alevíns(copa): Ourense C - Verín CF 2 - 6